martes, 20 de diciembre de 2016

TRABALLO PARA O NADAL

Na segunda avaliación, traballaremos a XESTIÓN DE GASTOS E INGRESOS, polo que precisamos a axuda das vosas familias en varias tarefas a realizar.


1.- Xestión de gastos e ingresos persoais

Anotar os gastos (compra de agasallos, entradas cine, etc.) e ingresos (agasallos da familia, etc) que teñades durante o Nadal. A volta traballaremos a importancia de planificar un orzamento e do aforro.


2.- Xestión de gastos e ingresos familiares

Imos intentar aportar algunha mellora ao gasto familiar mediante a reducción ou sustitución do gasto: buscando onde o venden máis barato ou cambiando a marcas similares que sexan máis baratas. 
Para iso deberedes:
a) Facer unha lista de 10 productos que se consuman de forma repetitiva na casa
b) Anotar o número de unidades, marca e frecuencia de compra de cada producto.
c) Comparar o prezo deses productos en varios supermercados/tendas da zona.
d) Anotar un sustitutivo para cada un deses productos co seu prezo.
e) Contabilizar os cartos totais que podedes aforrar coas vosas propostas.
f) Propoñer aos vosos pais/nais, que vos metan nunha caixa os cartos aforrados co fin de cubrir os gastos dunha excursión a final de curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario