martes, 20 de diciembre de 2016

TARXETA XENTE NOVA

A TARXETA XENTE NOVA é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar todas as viaxes interurbanas gratuítas.

Poden utilizala mozos de entre 4 e 18 anos.


Para conseguila:

1.-O teu pai ou nai deberá solicitar cita nesta páxina: http://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn

2.- Xerarase unha cita na oficina Abanca máis próxima. Non é necesaria unha conta asociada.

3.- Alí só che pedirán DNI do pai/nai, o teu DNI e o libro de familia. A tarxeta é gratuita.

4.- Hai que cargar a tarxeta antes de usala, a través do caixeiro pulsando abonos pendentes (as 50.000 primeiras serán entregadas cunha carga inicial de 20 euros.

5.- Cada 15 días deberemos pasar a tarxeta polo caixeiro e darlle a abonos pendentes. Os viaxes realizados entre o 1 e o 15 de decembro, devolveranse o 5 de xaneiro e os realizados entre o 16 e o 30 de decembro a partir do día 20 de xaneiro. 

Máis información:

No hay comentarios:

Publicar un comentario