jueves, 21 de junio de 2018

SIMULADOR DE BOLSA

Imos aprender o funcionamento da Bolsa a través dun simulador gratuito: "LA BOLSA VIRTUAL". Nel poderemos comprar e vender accións, divisas, criptomoedas e materias primas, nas bolsas de distintos países (España, EEUU, Reino Unido, etc).


Para usalo debedes rexistrarvos co voso correo de clase e unirvos ao reto que vos propoño: INVERTIR 5.000 € DURANTE 1 MES. 


PREMIOS ATRÉVETE 2018

Os alumnos de Educación Financeira de 1º ESO do IES AS BARXAS de Moaña, Lucas Freire de 1º ESO A e Daniela Tobar de 1º ESO C, resultaron premiados no programa-concurso "Atrévete a ter unha idea" polas súas ideas innovadoras "FRIGOPRO" e "SILEINE". O programa ten como obxectivo fomentar o espíritu emprendedor entre os estudantes de ensinanza primaria e secundaria de toda Galiza.

O Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa de Galicia, Manuel Corredoira López, participou o pasado venres na entrega de ditos premios nun acto celebrado no Auditorio do MUPEGA, e explicou que a finalidad destos premios era recoñecer o esfuerzo, a iniciativa, a creatividade e a autonomía persoal do alumnado. 



O alumnado recibiu como premio un diploma acreditativo e unha tableta dixital.

PARABENS RAPACES!!


martes, 19 de junio de 2018

PREMIOS CONSUMÓPOLIS 13


O alumnado de Economía do IES AS BARXAS, acada 3 premios na fase autonómica do concurso escolar sobre consumo responsable e calidade de vida: CONSUMÓPOLIS 13: Na publicidade: todo vale?.

O concurso escolar CONSUMÓPOLIS, está organizado polo Instituto Nacional de Consumo e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no que escolares de educación secundaria forman equipos de cinco xóvenes que titorizados por un docente participan nun concurso virtual, no que se plantexan actividades que teñen como finalidade invitar aos escolares a reflexionar de modo consciente, crítico e solidario, sobre distintos aspectos da sociedade de consumo, utilizando como medio a creatividade e as TIC.

No IES AS BARXAS, levamos anos participando neste programa, que usamos como ferramenta didáctica con gran éxito de participación e interese por parte do alumnado en varios niveis: en 1º ESO dentro da materia de Educación Financeira e en 4º ESO nas materias de Economía e Iniciación a Actividade Emprendedora e Empresarial, acadando 3 dos premios autonómicos, nas dúas categorías correspondentes á ESO.

1º Premio – Categoría 1º e 2º ESO – Equipo: “Los Callejeros 5”, formado por Jorge Fernández Malvido, Paula Graña Mateo, Noa Fernández Silva, Alejandro Rouco Sanmartín e Xian Calvar Alves.



3º Premio – Categoría 1º e 2º ESO – Equipo: “Los Cinco”, formado por Guillermo Leite Robledo, André García Costa, Alejandra Soage Fernández, Uxía Hermelo Veiga e Candela Rodríguez Díaz.


3º Premio – Categoría 3º e 4º ESO – Equipo: “Consukids”, formado por Yaiza Martínez García, Lucas González Vega, Antía Lemos García, Laura Otero Costa e Claudia Coya Piñeiro.

A entrega de premios tivo lugar o pasado venres 15 de xuño, no salón de actos da Consellería de Sanidade en Santiago de Compostela.