miércoles, 23 de enero de 2019

PROGRAMA ATRÉVETE: VISITA A BISCUITS GALICIA

No Departamento de Economía, pensamos que é moi importante traballar o espírito emprendedor como unha actitude xeral na vida cotiá de calquera persoa, o que inclúe desenvolver calidades persoais como confianza, espírito crítico, iniciativa persoal, toma de decisións e asunción de responsabilidades que potencien as habilidades do alumnado para se enfrontar a vida.

Co fin de traballar nesta línea, o IES AS BARXAS, participa no Programa Atrévete da Consellería de Educación, no que se pretende fomentar, motivar e sensibilizar ao alumado de 1º ESO no espírito emprendedor a través da realización dun obradoiro de emprendemento, coñecendo o tecido empresarial da nosa contorna e promovendo un concurso de ideas para cambiar o mundo, na que pode participar todo o alumnado implicado no programa. O programa encádrase dentro da materia de Educación Financeira e está coordinado pola profesora María José Soto.




A primeira fase do programa levouse a cabo en dúas datas en xaneiro. O venres 11, foi 1º ESO A e 1º ESO C, e acompañounos a profesora de plástica Luz Beloso, mentras que o venres 18 tocoulle a 1º ESO B e ao alumnado de IAEE de 4º ESO C, acompañados da nosa orientadora Charo Lorenzo. Na saída realizamos as seguintes actividades:

1.- Visita ao Círculo de Empresarios de Galicia: alí fumos recibidos por Victor Jáuregi (Director) e Maruxa González (Secretaria) que nos explicaron o planning da xornada e a organización e funcións do Círculo.


2.- Realización dun Obradoiro de Emprendemento: Víctor Manuel Montes, experto en dirección de equipos profesionais especializados en novas tecnoloxías e comercio exterior, que centrou a actividade do emprendedor en dar resposta a un problema/necesidade, aproveitando as capacidades que cada un temos. Tamén invitounos a soñar e a formarnos o máximo posible para poder desenvolver as nosas propias ideas. O alumnado estivo moi participativo e resultou moi interesante. A saída agasalláronnos cunha mochila e un pendrive para ir acumulando as nosas experiencias.



3.- Visita á empresa Biscuits Galicia, en Porriño. Lucía, a responsable de Márketing, explicounos os comezos da empresa hai 14 anos, co fin de cubrir un nicho de mercado de galleta galega semiartesanal e de alta calidade, destinada nun principio á hostalería para acompañar o café. A súa galleta máis distintiva é o Sorriso de Chocolate que tivo un gran éxito de vendas ao ver que todos os hostaleiros querían ofrecer un sorriso aos seus clientes co café.

 A súa acollida foi excelente e á saída agasalláronnos cunha bolsa de galletas, polo que a visita deixounos moi bo sabor de boca.

GRAZAS BISCUITS GALICIA!!