Páginas
- Página principal
- PRESENTACIÓN
- FINANZAS PARA TODOS
- MONEY TOWN
- CONSUMÓPOLIS
- FUTBOL FINANCIERO
- VENGADORES
- GUARDIANES GALAXIA
- AULAENRED.IBERCAJA
- INSTITUTO NACIONAL DE CIBERSEGURIDAD
- CHAVAL.ES
- PORTAL EDUCATIVO BDE
- CÓMIC ADICAE
- DICCIONARIO FINANCIERO ADICAE
- CONCURSO ESCOLAR ONCE
- MOAÑA3D
- (In)fórmate
- ED.FIN.BÁSICA
martes, 11 de diciembre de 2018
lunes, 26 de noviembre de 2018
CIBERSEGURIDADE
Hoxe vos propoñemos revisar e aumentar os vosos coñecementos e os das vosas familias en materia de ciberseguridade. Para iso usaremos o xogo CYBERSCOUTS que pon a nosa disposición o nstituto Nacional de Ciberseguridade co fin de que podamos facer un uso mais seguro dos servizos de internet. Pulsa na imaxe para xogar como neno ou adulto, e un nivel: fácil, medio ou difícil.
lunes, 12 de noviembre de 2018
BLACK FRIDAY y CYBER MONDAY
Se acercan las Navidades y con ellas dos de las campañas comerciales más agresivas del año: el Black Friday y el Cyber Monday. Son estrategias importadas de EEUU, que a través de acciones de marketing y numerosos descuentos, intentarán que consumamos lo máximo posible.
Frente al "consumismo desenfrenado" prepararemos una contracampaña en la que informaremos sobre ellas y destacaremos otras alternativas de consumo responsable como el GREEN FRIDAY, el GIVING TUESDAY o el DÍA SIN COMPRAS.
1.-Trabajo de investigación: martes 13 de noviembre. Busca la siguiente información y plásmala en un documento de Word.
TÍTULO: BLACK FRIDAY Y CYBERMONDAY
- ¿Qué son?
- ¿Cuál es su origen?
- ¿Cuándo se celebra?
- Cita alguna de las compañías que ofrecen más descuentos
- Consejos para una compra inteligente
- Recomendaciones a la hora de comprar por internet
- Devoluciones y garantías.
- ¿Cómo y dónde reclamar?
- Alternativas de consumo responsable: GREEN FRIDAY, GIVING TUESDAY, DÍA SIN COMPRAS.
2.- Elaboración de vídeoanimaciones, infografías y paneles explicativo sobre el tema.
lunes, 22 de octubre de 2018
35 CONCURSO ESCOLAR ONCE
Este é o lema do concurso escolar once para este curso académico, no
que o alumnado de Educación Financiera de 1º ESO do IES AS BARXAS decidiu
participar e reclamar o recreo como un espazo físico e espazo social moi
importante no centro.
O alumnado intervirá sobre estes
espazos con propostas propias e elaboradas por eles mesmos, cuxo obxectivo será
convertilo nun espazo acolledor e seguro para o descanso, o lecer e a
convivencia, desde o que promover unha cidadanía responsable e solidaria
baseada na alfabetización ambiental e sustentable, que non deixa a ninguén
atrás e no que se valora e celebra a diversidade.
Obxectivo: promover e garantir nos centros educativos unha
educación inclusiva, equitativa e de calidade abordando, desde un espazo
lúdico, aspectos esenciais para o desenvolvemento da persoa, como son a
participación, a aprendizaxe social, a sustentabilidade, a colaboración, a
autodeterminación, a convivencia, o apoio e a axuda mutua.
Traballo a realizar: Cada clase terá
que realizar un videoclip musical de máximo 1 minuto de duración no que se
reivindique un recreo máis inclusivo. Poderemos elixir algunha das bases
musicais que nos facilitan, seleccionar calquera melodía libre de dereitos, ou
mesmo compoñer a nosa propia música!. O traballo irá acompañado dun
título, un texto coa letra da canción e unha explicación-guión do que sucede no
vídeo para que sexa máis accesible.
¿Por qué un videoclip musical?: A linguaxe audiovisual permítenos
construír unha mensaxe a través da interacción imaxe-son. Ademais, a creación
dunha canción con letra propia, que reflicta os vosos intereses, fai que
lembremos a mensaxe máis facilmente. Alén diso, a música forma parte das
actividades cotiás dos alumnos e alumnas. Un videoclip é unha recreación que
captará con máis forza a atención de todo o que o vexa e espertará múltiples
emocións, o que non deixará a ninguén indiferente
Prazo de entrega do videoclip: Antes do 1 de febrero de 2019
Organización do traballo: Temos que ser conscientes da dificultade de
realizar esta actividade na aula, xa que a materia só dispón dunha sesión
semanal, polo que é moi importante o traballo na casa. Etapas:
- Reflexión individual sobre o que podemos facer para que o noso recreo sexa máis inclusivo. Podémos modificar o seu espazo físico de algunha forma? Existen espazos delimitados para diferentes actividades? Só para fútbol ou outros deportes? Que outras actividades poderíanse desenvolver? Desfrutamos todos e todas por igual?
- Posta en común de ideas e decisión sobre o que queremos comunicar: os vosos anhelos, preocupacións, obxectivos de inclusión...
- Distribuímos as tarefas. Mentres uns pensan os planos, a composición e o encadre, que outros busquen como transmitir a historia mediante a letra da canción e elixan os elementos sonoros: música da nosa galería, outra libre de dereitos ou se algún sabe compoñer e apetécelle... música orixinal! Tamén deberedes saber onde ides rodar, así que buscade unha ou varias localizacións, elementos de atrezo e vestiario, etc. Crear un storyboard pode servos útil para axustar a música, a letra e a imaxe que aparecen en cada momento.
- Tras algún ensaio, xa podemos gravar o vídeo final. O vídeo, de non máis de 1 minuto de duración, debe estar en formato .avi/ .mp4/ mov e non superar os 100 MB de peso.
- Teremos que ensinarllo a outros compañeiros para comprobar que a mensaxe se entende.
- Lembrade que debemos achegar un documento coa letra da canción, unha explicación-guión para facilitar a accesibilidade do videoclip e a súa interpretación. Por último, poñédelle un título de non máis de 140 caracteres.
CONSUMÓPOLIS 14: POLA TÚA SEGURIDADE, SABES O QUE CONSUMES?
Un ano máis, o alumnado de Educación Financeira do IES AS BARXAS, estamos participando no concurso escolar CONSUMÓPOLIS, organizado polo Instituto Nacional de Consumo e a maioría das CCAA (entre elas Galicia), no que escolares de educación secundaria forman equipos de cinco mozos que titorizados por un docente participan nun concurso virtual, con dúas fases diferenciadas:
- Na primeira fase (que realizaremos no primeiro trimestre) plantéxase un xogo en liña no que os equipos deben realizar un percorrido pola Cidade de Consumópolis e superar distintas probas de carácter pedagóxico e lúdico sobre o consumo responsable e calidade de vida.
- Na segunda fase (que realizaremos no segundo trimestre), cada equipo debe deseñar, elaborar e presentar o prototipo ou maqueta dun produto novo e orixinal (creado totalmente polo alumnado) que pode ser:
- Moda (calzado, roupa, complementos..)
- Aparellos eléctricos (neveira, lavadora, aspiradora, secadora, ferro..)
- Aparellos electrónicos (tablet, pc, consola, dispositivo de navegación..)
- Smartphones
- Artigos deportivos
As dimensións máximas do produto non poderá exceder de 50x50x50 e deberá ir acompañado dunha etiqueta e unha ficha explicativa.
jueves, 21 de junio de 2018
SIMULADOR DE BOLSA
Imos aprender o funcionamento da Bolsa a través dun simulador gratuito: "LA BOLSA VIRTUAL". Nel poderemos comprar e vender accións, divisas, criptomoedas e materias primas, nas bolsas de distintos países (España, EEUU, Reino Unido, etc).
Para usalo debedes rexistrarvos co voso correo de clase e unirvos ao reto que vos propoño: INVERTIR 5.000 € DURANTE 1 MES.
PREMIOS ATRÉVETE 2018
Os alumnos de Educación Financeira de 1º ESO do IES AS BARXAS de Moaña, Lucas Freire de 1º ESO A e Daniela Tobar de 1º ESO C, resultaron premiados no programa-concurso "Atrévete a ter unha idea" polas súas ideas innovadoras "FRIGOPRO" e "SILEINE". O programa ten como obxectivo fomentar o espíritu emprendedor entre os estudantes de ensinanza primaria e secundaria de toda Galiza.
O Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa de Galicia, Manuel Corredoira López, participou o pasado venres na entrega de ditos premios nun acto celebrado no Auditorio do MUPEGA, e explicou que a finalidad destos premios era recoñecer o esfuerzo, a iniciativa, a creatividade e a autonomía persoal do alumnado.
O alumnado recibiu como premio un diploma acreditativo e unha tableta dixital.
martes, 19 de junio de 2018
PREMIOS CONSUMÓPOLIS 13
O alumnado de Economía do IES AS BARXAS, acada 3 premios na fase
autonómica do concurso escolar sobre consumo responsable e calidade
de vida: CONSUMÓPOLIS 13: Na publicidade: todo vale?.
O
concurso escolar CONSUMÓPOLIS, está organizado polo Instituto
Nacional de Consumo e a Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria, no que escolares de educación secundaria
forman equipos de cinco xóvenes que titorizados por un docente
participan nun concurso virtual, no que se plantexan actividades que
teñen como finalidade invitar aos escolares a reflexionar de modo
consciente, crítico e solidario, sobre distintos aspectos da
sociedade de consumo, utilizando como medio a creatividade e as TIC.
No IES AS BARXAS, levamos anos participando neste programa, que usamos como
ferramenta didáctica con gran éxito de participación e interese
por parte do alumnado en varios niveis: en 1º ESO dentro da materia
de Educación Financeira e en 4º ESO nas materias de Economía e
Iniciación a Actividade Emprendedora e Empresarial, acadando 3 dos
premios autonómicos, nas dúas categorías correspondentes á ESO.
1º
Premio – Categoría 1º e 2º ESO
– Equipo: “Los Callejeros 5”, formado por Jorge Fernández
Malvido, Paula Graña Mateo, Noa Fernández Silva, Alejandro Rouco
Sanmartín e Xian Calvar Alves.
3º
Premio – Categoría 1º e 2º ESO
– Equipo: “Los Cinco”, formado por Guillermo Leite Robledo,
André García Costa, Alejandra Soage Fernández, Uxía Hermelo Veiga
e Candela Rodríguez Díaz.
3º
Premio – Categoría 3º e 4º ESO
– Equipo: “Consukids”, formado por Yaiza Martínez García,
Lucas González Vega, Antía Lemos García, Laura Otero Costa e
Claudia Coya Piñeiro.
A
entrega de premios tivo lugar o pasado venres 15 de xuño, no salón de actos da Consellería de Sanidade en Santiago de
Compostela.
jueves, 14 de junio de 2018
martes, 12 de junio de 2018
lunes, 11 de junio de 2018
jueves, 7 de junio de 2018
martes, 5 de junio de 2018
lunes, 4 de junio de 2018
jueves, 31 de mayo de 2018
martes, 29 de mayo de 2018
lunes, 28 de mayo de 2018
jueves, 24 de mayo de 2018
lunes, 21 de mayo de 2018
lunes, 7 de mayo de 2018
CONCURSO DE CONOCIMIENTOS FINANCIEROS
DIRIGIDO A: todos los centros educativos que están inscritos en el Programa de Educación Financiera, entre ellos el IES AS BARXAS. Alumnos de 4º ESO y Bachillerato
EL CONCURSO SE DIVIDE EN DOS FASES::
- Fase online: del 7 al 18 de mayo, a través del test de conocimientos (Reto FxM).
- Fase presencial: semifinales y final. El lugar de celebración de las semifinales, dependerá de la ubicación de los centros que pasen a dicha fase. La final será el día de la educación financiera, el 1 de octubre en Madrid.
Es un juego de preguntas y respuestas sobre educación financiera creado por la Fundación UCEIF, en el que tendrás que poner a prueba tus conocimientos sobre economía y finanzas.
Puedes acceder y darle a JUGAR (regístrate) ó PRACTICAR
jueves, 3 de mayo de 2018
lunes, 16 de abril de 2018
MEDIDAS DE SEGURIDADE DOS EUROS
Esta semana levaremos a cabo unha campaña de concienciación familiar sobre as medidas de seguridade dos billetes e moedas de euros, para evitar que nos metan un falso.
Así o alumnado de 1º ESO, explicará aos seus pais e irmáns, o procedemento para comprobar a autenticidade dos billetes e moedas, baseándose nas instrucións publicadas polo Banco Central Europeo na súa web.
BILLETES: pulsa a imaxe.
MOEDAS:
- As moedas en euros incorporan elementos de alta seguridade reconocibles polas máquinas. As moedas poden utilizarse nas máquinas expendedoras de toda a zona do euro, sen prexuízo do país de emisión.
- Nas moedas de 1€ e 2€ empregouse unha sofisticada tecnoloxía de acuñación bimetálica e en tres capas.- O metal das moedas de 10, 20 e 50 céntimos é unha aliaxe única (ouro nórdico) difícil de fundir e utilizada exclusivamente para a acuñación de moedas.
- A lenda gravada no canto da moeda de 2€ e a utilización dun metal único na composición das moedas de 10, 20 e 50 céntimos protéxenas contra a falsificación.
VÍDEOCONFERENCIA CO IES XOAN MONTES DE LUGO
O pasado venres 6 de abril, conectamos por videoconferencia a clase de Economía de 1Bach. do IES As Barxas co alumnado de Economía do IES Xoan Montes de Lugo, a sua profesora Beatriz Lopez e Ana Folgar, Técnica de Adicae.
Foi unha experiencia fantástica na que o noso alumnado compartiu os distintos proxectos realizados no centro sobre consumo crítico e responsable, sostenibilidade, solidariedade, emprendemento, ética social..e contestaron con soltura a todalas preguntas plantexadas polos asistentes. #orgullodocente
EJERCICIOS SOBRE EL EURO Y LAS DIVISAS
JUEGOS:
- QUE NO TE CUELEN UNO FALSO
- CAMBIEMOS LOS EUROS
- SOPA DE LETRAS DE DIVISAS
- MONEDAS Y PAÍSES
- MONEDAS Y PAÍSES II
- PAISES Y MONEDAS DE LATINOAMÉRICA
PASATIEMPOS:
CUESTIONARIOS
DEMOSTRACIONES:
PROBLEMAS MATEMÁTICOS:
lunes, 19 de marzo de 2018
jueves, 1 de marzo de 2018
domingo, 21 de enero de 2018
PROGRAMA ATRÉVETE 2017/18
Na materia de Educación Financeira de 1º ESO, pensamos que é importante traballar o espírito emprendedor, como unha actitude xeral na vida cotiá de calquera persoa, o que incluirá desenvolver calidades persoais como confianza, espírito crítico, iniciativa persoal, toma de decisións e asunción de responsabilidades que potencien as habilidades do alumnado para se enfrontar á vida.
Con fin de traballar nesta línea, o IES AS BARXAS participa no Programa Atrévete, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dirixido a fomentar, motivar, e sensibilizar ao alumnado de educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.
O programa inclúe:
- SAÍDA EDUCATIVA PARA 1º CURSO DA ESO, coa que se pretende dar a coñecer ao alumnado o tecido empresarial da contorna. Debido ao gran número de alumnos neste nivel, marcamos dúas datas: 12 xaneiro para 1º ESO A, B e 19 de xaneiro para 1º ESO C,
O programa que levamos a cabo no noso centro foi:
1) Obradoiro de emprendemento no Círculo de Empresarios de Galicia. Alí recibiunos Víctor Manel Montes invitounos a soñar e a formarnos o máximo posible para poder desenvolver as nosas propias ideas. O alumnado estivo moi participativo e resultou moi interesante. A saída agasalláronnos cunha mochila e un pendrive para ir acumulando as nosas experiencias.
2) Visita ao Porto de Vigo, infraestructura que escollemos pola súa gran importancia na economía da zona. Alí, acompañados por David e Jesús, funcionarios da Autoridade Portuaria percorremos cada unha das zonas nas que se divide o porto comercial.
Empezamos pola zona de Bouzas, onde cargan e descargan vehículos (principalmente coches) e calquera mercadoría que vaia rodando, polo que ten o nome de RO-RO. Quedamos sorprendidos da gran cantidade de vehículos que estaban agardando para embarcar, así como dos destinos e procedencias que tiñan, que poidemos apreciar dende o alto dun silo. Tamén vimos como os subían aos barcos e explicáronnos as distintas rutas martítimas regulares que hai dende Vigo (mais de 90), e a relevancia da autopista do mar(Vigo-Nantes/St Nazaire).
A continuación fumos a área de peiraos comerciais, comenzando polo Peirao do Arenal que dividíase en dúas alineacións; unha destinada a mercancía xeral e a outra a graneis (cemento, etc.) e con outras instalacións especiais como 1 almacén para sal, 1 depósito de suministro de combustible a buques e un Posto de Inspección Fronteriza (PIF). Logo pasamos ao Peirao Transversal onde se manipulaban bloques de granito, aluminio e madeira.
- CONCURSO "ATRÉVETE A TER UNHA IDEA", onde o alumnado deberá desenvolver unha idea emprendedora para mellorar a súa contorna. Prazo límite de presentación de traballos: 30 de maio. Premio: unha tablet para alumno gañador.
martes, 9 de enero de 2018
CONSUMÓPOLIS 13: Na publicidade, todo vale?
Un ano máis, o alumnado de Educación Financeira do IES AS BARXAS, estamos participando no concurso escolar CONSUMÓPOLIS, organizado polo Instituto Nacional de Consumo e a maioría das CCAA (entre
elas Galicia), no que escolares de educación secundaria forman equipos de cinco
xóvenes que titorizados por un docente participan nun concurso virtual, con
dúas fases diferenciadas:
- Na primeira fase (realizada no primeiro trimestre) plantexábase un xogo en liña no que os equipos debían realizar un recorrido pola Cidade de Consumópolis e superar distintas probas de carácter pedagóxico e lúdico sobre o consumo responsable e calidade de vida. A totalidade dos 25 equipos equipos que temos inscritos este curso, superaron esta fase.
- Na segunda fase (que realizaremos neste segundo trimestre) os equipos deberán presentar un traballo colaborativo, que para este ano consiste en deseñar, elaborar e presentar un traballo conxunto sobre consumo responsable en relación coa publicidade, que será nun cartel ou valla publicitaria sobre un produto ou servizo.O cartel ou valla publicitaria estará composto por unha imaxe (debuxo,fotografía, colaxe, etc.) e un lema ou slogan e estará dirixido a nenos e novos incluídos no mesmo rango de idade que os concursantes.Na elaboración do cartel ou valo publicitaria deberán respectarse os principios da educación en valores, de forma que o alumnado reflexione sobre o que está permitido e non permitido na publicidade e tome conciencia daquelas técnicas publicitarias constitutivas de publicidade ilícita. CARTEIS 1º ESO: Podedes publicitar algún dos seguintes produtos:
- Un alimento saudable
- Un produto de comercio xusto
- Un videoxogo
- Un Smartphone e/ou tableta electrónica
CARTEIS 4º ESO: Podedes publicitar algún dos seguintes produtos:
Cada alumno deberá presentar un boceto do cartel como mínimo, utilizando a técnica que prefira. O tamaño será A3 horizontal e lembrarvos de respetar os dereitos de autor e a corrección lingüística.
- Unha viaxe
- Un concerto e/ou evento musical
- Unha tarifa de telefonía móbil
- Un Smartphone e/ou tableta electrónica
Suscribirse a:
Entradas (Atom)