martes, 9 de enero de 2018

CONSUMÓPOLIS 13: Na publicidade, todo vale?

Un ano máis, o alumnado de Educación Financeira do IES AS BARXAS, estamos participando no concurso escolar CONSUMÓPOLIS, organizado polo Instituto Nacional de Consumo e a maioría das CCAA (entre elas Galicia), no que escolares de educación secundaria forman equipos de cinco xóvenes que titorizados por un docente participan nun concurso virtual, con dúas fases diferenciadas:
  • Na primeira fase (realizada no primeiro trimestre) plantexábase un xogo en liña no que os equipos debían realizar un recorrido pola Cidade de Consumópolis e superar distintas probas de carácter pedagóxico e lúdico sobre o consumo responsable e calidade de vida. A totalidade dos 25 equipos equipos que temos inscritos este curso, superaron esta fase.


  • Na segunda fase (que realizaremos neste segundo trimestre) os equipos deberán presentar un traballo colaborativo, que para este ano consiste en deseñar, elaborar e presentar un traballo conxunto sobre consumo responsable en relación coa publicidade, que será nun cartel ou valla publicitaria sobre un produto ou servizo.O cartel ou valla publicitaria estará composto por unha imaxe (debuxo,fotografía, colaxe, etc.) e un lema ou slogan e estará dirixido a nenos e novos incluídos no mesmo rango de idade que os concursantes.Na elaboración do cartel ou valo publicitaria deberán respectarse os principios da educación en valores, de forma que o alumnado reflexione sobre o que está permitido e non permitido na publicidade e tome conciencia daquelas técnicas publicitarias constitutivas de publicidade ilícita.  CARTEIS 1º ESO: Podedes publicitar algún dos seguintes produtos:
    1. Un alimento saudable
    2. Un produto de comercio xusto
    3. Un videoxogo
    4. Un Smartphone e/ou tableta electrónica
             CARTEIS 4º ESO: Podedes publicitar algún dos seguintes produtos:
    1. Unha viaxe
    2. Un concerto e/ou evento musical
    3. Unha tarifa de telefonía móbil
    4. Un Smartphone e/ou tableta electrónica
        Cada alumno deberá presentar un boceto do cartel como mínimo, utilizando a técnica que         prefira. O tamaño será A3 horizontal e lembrarvos de respetar os dereitos de autor e a           corrección lingüística.

No hay comentarios:

Publicar un comentario