jueves, 21 de junio de 2018

PREMIOS ATRÉVETE 2018

Os alumnos de Educación Financeira de 1º ESO do IES AS BARXAS de Moaña, Lucas Freire de 1º ESO A e Daniela Tobar de 1º ESO C, resultaron premiados no programa-concurso "Atrévete a ter unha idea" polas súas ideas innovadoras "FRIGOPRO" e "SILEINE". O programa ten como obxectivo fomentar o espíritu emprendedor entre os estudantes de ensinanza primaria e secundaria de toda Galiza.

O Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa de Galicia, Manuel Corredoira López, participou o pasado venres na entrega de ditos premios nun acto celebrado no Auditorio do MUPEGA, e explicou que a finalidad destos premios era recoñecer o esfuerzo, a iniciativa, a creatividade e a autonomía persoal do alumnado. 



O alumnado recibiu como premio un diploma acreditativo e unha tableta dixital.

PARABENS RAPACES!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario