Mostrando entradas con la etiqueta ECONOMÍA SOLIDARIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ECONOMÍA SOLIDARIA. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de abril de 2017

MARCAPÁXINAS POLA SOLIDARIEDADE II

A solidariedade faise realidade cando nos mobilizamos, así que daremos os 3 pasos da solidariedade: 

COÑECER-COMUNICAR-ACTUAR

COÑECER

1.- Comenzamos aprendendo/debatendo que a auga é esencial para a vida, pero para millóns de persoas ter acceso a auga potable resulta un reto cada día máis difícil. Preto de 5 millóns de nenos e nenas están en risco de fame negra como consecuencia dunha das peores crises alimentarias en Etiopía provocada por unha seca que se produciu nas rexións que xeralmente son máis verdes e produtivas.
Para miles de nenos e nenas en países como Etiopía, Níxer, Burkina Faso a falta de acceso a auga potable e limpa ten graves consecuencias para a súa vida e para o seu futuro en saúde, alimentación e educación, por iso os grandes avances logrados na seguridade alimentaria, educación e saúde ao longo dos anos que a ONG Save the Children leva traballando neste país, están en perigo.


2.- Traballamos a empatía cos que non teñen acceso á auga. Poñerémonos en situación, debatendo como se nos complica a vida cando se produce un corte de auga e ao abrir a billa non temos toda a auga que necesitamos para beber, cociñar, asearnos, ir ao baño ou simplemente refrescarnos. 
A maioría traemos ao instituto botellas de auga mineral de 0,5 l, que nos bebemos nun par de grolos. Pois esa é a cantidade de auga dispoñible para moitos nenos e nenas en países como Etiopía, pero non auga limpa, senón auga obtida de charcas, afloramientos de acuíferos, pozos e arroios que leva en suspensión gran cantidade de elementos.
Colleremos un vaso de auga da billa e botarémoslle terra e broza, para ver realmente como é a auga do que dispoñen moitos nenos e nenas en Etiopía. A continuación veremos como potabilizarla: coarémola cun pano para quitar a area en suspensión e a continuación incorporarémoslle unha pastilla potabilizadora e, en 20 minutos a auga estará en condicións de ser utilizada.
Compramos un paquete de 50 pastillas potabilizadoras por 4 euros, polo que calculamos que o custo de potabilizar un litro de auga é de 8 céntimos pero se o compramos por xunto, potabilizar un litro de auga sairíanos a 2 céntimos. É dicir, con cada euro podemos potabilizar 50 litros de auga.

COMUNICAR

A través da elaboración dos nosos marcapáginas solidarios, que os alumnos están convertendo en obxectos únicos. 





Ademais estamos a preparar uns murais nos que cada neno e nena deixa a súa pegada xunto coa súa frase inspiradora reclamando o dereito á auga. A próxima semana expoñerémolos no hall do centro.



ACTUAR

Nos próximos días actuaremos como unha ONG sensibilizando á nosa contorna e recadando fondos (entre 0,50€ e 1€ por marcapáxinas) para que, xunto a Save the Children, sigan desenvolvéndose programas que aseguren que todos os nenos e nenas teñan esperanzas e oportunidades.

Unha vez terminada a actividade do Día do Libro Solidario, faremos a conversión do diñeiro recadado en litros de auga potable conseguidos para asegurar a supervivencia dos nenos e nenas en países como Etiopía.

Este exercicio axudará a entender dunha maneira concreta en que se traduce o seu esforzo e o seu entusiasmo, e como a procura de patrocinadores ou lectores solidarios multiplica a súa capacidade para reunir fondos. 

viernes, 31 de marzo de 2017

VIDEOCONFERENCIA CO IES PEDREGAL DE IRIMIA (MEIRA-LUGO)


Onte, a terceira hora da mañá, levamos a cabo unha videoconferencia entre o IES AS BARXAS (Moaña-Pontevedra)) - IES PEDREGAL DE IRIMIA (Meira-Lugo), organizado polos departamentos de economía de ambos centros, e coa presencia de un membro de Adicae (Ana). 


Por parte do IES PEDREGAL DE IRIMIA, participaron o alumnado de Educación Financeira de 2º ESO, Economía de 4º ESO e IAEE de 4º ESO, co seu profe Eloi Sobradelo. No IES AS BARXAS, debido a imposibilidade de mobilizar a todo o alumnado por ser un número moi elevado, tivemos a un grupo de alumnos que fixeron de portavoces de cada nivel: Lucía Parcero e María Parente de Economía 1º bach., Antía Fervenza, Sara del Río, Jenny Alvarez, Aixa Chapela e Andrea Currás de Economía 4º ESO, e Iker Casás, Ana Pena, Ruth Casal e Sergio Otero de Educación Financeira 1º ESO.






Unha fantástica experiencia colaborativa na que compartimos os nosos proxectos de consumo crítico e responsable, sostenibilidade, solidariedade, emprendemento, ética social.... Como profe é un gran orgullo ter este alumnado😍😍😍#debaterparaaprender #economiasolidaria