Un ano máis, o alumnado de Educación Financeira do IES AS BARXAS, estamos participando no concurso escolar CONSUMÓPOLIS, organizado polo Instituto Nacional de Consumo e a maioría das CCAA (entre elas Galicia), no que escolares de educación secundaria forman equipos de cinco mozos que titorizados por un docente participan nun concurso virtual, con dúas fases diferenciadas:
- Na primeira fase (que realizaremos no primeiro trimestre) plantéxase un xogo en liña no que os equipos deben realizar un percorrido pola Cidade de Consumópolis e superar distintas probas de carácter pedagóxico e lúdico sobre o consumo responsable e calidade de vida.
- Na segunda fase (que realizaremos no segundo trimestre), cada equipo debe deseñar, elaborar e presentar o prototipo ou maqueta dun produto novo e orixinal (creado totalmente polo alumnado) que pode ser:
- Moda (calzado, roupa, complementos..)
- Aparellos eléctricos (neveira, lavadora, aspiradora, secadora, ferro..)
- Aparellos electrónicos (tablet, pc, consola, dispositivo de navegación..)
- Smartphones
- Artigos deportivos
As dimensións máximas do produto non poderá exceder de 50x50x50 e deberá ir acompañado dunha etiqueta e unha ficha explicativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario