Esta semana levaremos a cabo unha campaña de concienciación familiar sobre as medidas de seguridade dos billetes e moedas de euros, para evitar que nos metan un falso.
Así o alumnado de 1º ESO, explicará aos seus pais e irmáns, o procedemento para comprobar a autenticidade dos billetes e moedas, baseándose nas instrucións publicadas polo Banco Central Europeo na súa web.
BILLETES: pulsa a imaxe.
MOEDAS:
- As moedas en euros incorporan elementos de alta seguridade reconocibles polas máquinas. As moedas poden utilizarse nas máquinas expendedoras de toda a zona do euro, sen prexuízo do país de emisión.
- Nas moedas de 1€ e 2€ empregouse unha sofisticada tecnoloxía de acuñación bimetálica e en tres capas.- O metal das moedas de 10, 20 e 50 céntimos é unha aliaxe única (ouro nórdico) difícil de fundir e utilizada exclusivamente para a acuñación de moedas.
- A lenda gravada no canto da moeda de 2€ e a utilización dun metal único na composición das moedas de 10, 20 e 50 céntimos protéxenas contra a falsificación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario