lunes, 22 de octubre de 2018

35 CONCURSO ESCOLAR ONCE


Este é o lema do concurso escolar once para este curso académico, no que o alumnado de Educación Financiera de 1º ESO do IES AS BARXAS decidiu participar e reclamar o recreo como un espazo físico e espazo social moi importante no centro.


O alumnado intervirá sobre estes espazos con propostas propias e elaboradas por eles mesmos, cuxo obxectivo será convertilo nun espazo acolledor e seguro para o descanso, o lecer e a convivencia, desde o que promover unha cidadanía responsable e solidaria baseada na alfabetización ambiental e sustentable, que non deixa a ninguén atrás e no que se valora e celebra a diversidade.

Obxectivo: promover e garantir nos centros educativos unha educación inclusiva, equitativa e de calidade abordando, desde un espazo lúdico, aspectos esenciais para o desenvolvemento da persoa, como son a participación, a aprendizaxe social, a sustentabilidade, a colaboración, a autodeterminación, a convivencia, o apoio e a axuda mutua.

Traballo a realizar: Cada clase terá que realizar un videoclip musical de máximo 1 minuto de duración no que se reivindique un recreo máis inclusivo. Poderemos elixir algunha das bases musicais que nos facilitan, seleccionar calquera melodía libre de dereitos, ou mesmo compoñer a nosa propia música!. O traballo irá acompañado dun título, un texto coa letra da canción e unha explicación-guión do que sucede no vídeo para que sexa máis accesible.

¿Por qué un videoclip musical?: A linguaxe audiovisual permítenos construír unha mensaxe a través da interacción imaxe-son. Ademais, a creación dunha canción con letra propia, que reflicta os vosos intereses, fai que lembremos a mensaxe máis facilmente. Alén diso, a música forma parte das actividades cotiás dos alumnos e alumnas. Un videoclip é unha recreación que captará con máis forza a atención de todo o que o vexa e espertará múltiples emocións, o que non deixará a ninguén indiferente

Prazo de entrega do videoclip: Antes do 1 de febrero de 2019

Organización do traballo: Temos que ser conscientes da dificultade de realizar esta actividade na aula, xa que a materia só dispón dunha sesión semanal, polo que é moi importante o traballo na casa. Etapas:
  • Reflexión individual sobre o que podemos facer para que o noso recreo sexa máis inclusivo. Podémos modificar o seu espazo físico de algunha forma? Existen espazos delimitados para diferentes actividades? Só para fútbol ou outros deportes? Que outras actividades poderíanse desenvolver? Desfrutamos todos e todas por igual?
  • Posta en común de ideas e decisión sobre o que queremos comunicar: os vosos anhelos, preocupacións, obxectivos de inclusión...
  • Distribuímos as tarefas. Mentres uns pensan os planos, a composición e o encadre, que outros busquen como transmitir a historia mediante a letra da canción e elixan os elementos sonoros: música da nosa galería, outra libre de dereitos ou se algún sabe compoñer e apetécelle... música orixinal! Tamén deberedes saber onde ides rodar, así que buscade unha ou varias localizacións, elementos de atrezo e vestiario, etc. Crear un storyboard pode servos útil para axustar a música, a letra e a imaxe que aparecen en cada momento.
  • Tras algún ensaio, xa podemos gravar o vídeo final. O vídeo, de non máis de 1 minuto de duración, debe estar en formato .avi/ .mp4/ mov e non superar os 100 MB de peso.
  • Teremos que ensinarllo a outros compañeiros para comprobar que a mensaxe se entende.
  • Lembrade que debemos achegar un documento coa letra da canción, unha explicación-guión para facilitar a accesibilidade do videoclip e a súa interpretación. Por último, poñédelle un título de non máis de 140 caracteres.

CONSUMÓPOLIS 14: POLA TÚA SEGURIDADE, SABES O QUE CONSUMES?

Un ano máis, o alumnado de Educación Financeira do IES AS BARXAS, estamos participando no concurso escolar CONSUMÓPOLIS, organizado polo Instituto Nacional de Consumo e a maioría das CCAA (entre elas Galicia), no que escolares de educación secundaria forman equipos de cinco mozos que titorizados por un docente participan nun concurso virtual, con dúas fases diferenciadas:
  • Na primeira fase (que realizaremos no primeiro trimestre) plantéxase un xogo en liña no que os equipos deben realizar un percorrido pola Cidade de Consumópolis e superar distintas probas de carácter pedagóxico e lúdico sobre o consumo responsable e calidade de vida. 



  • Na segunda fase (que realizaremos no segundo trimestre), cada equipo debe deseñar, elaborar e presentar o prototipo ou maqueta dun produto novo e orixinal (creado totalmente polo alumnado) que pode ser:
  1. Moda (calzado, roupa, complementos..)
  2. Aparellos eléctricos (neveira, lavadora, aspiradora, secadora, ferro..)
  3. Aparellos electrónicos (tablet, pc, consola, dispositivo de navegación..)
  4. Smartphones
  5. Artigos deportivos
As dimensións máximas do produto non poderá exceder de 50x50x50 e deberá ir acompañado dunha etiqueta e unha ficha explicativa.