lunes, 16 de abril de 2018

MEDIDAS DE SEGURIDADE DOS EUROS

Esta semana levaremos a cabo unha campaña de concienciación familiar sobre as medidas de seguridade dos billetes e moedas de euros, para evitar que nos metan un falso.
Así o alumnado de 1º ESO, explicará aos seus pais e irmáns, o procedemento para comprobar a autenticidade dos billetes e moedas, baseándose nas instrucións publicadas polo Banco Central Europeo na súa web.

BILLETES: pulsa a imaxe.


MOEDAS:
- As moedas en euros incorporan elementos de alta seguridade reconocibles polas máquinas. As moedas poden utilizarse nas máquinas expendedoras de toda a zona do euro, sen prexuízo do país de emisión.
- Nas moedas de 1€ e 2€ empregouse unha sofisticada tecnoloxía de acuñación bimetálica e en tres capas.
- O metal das moedas de 10, 20 e 50 céntimos é unha aliaxe única (ouro nórdico) difícil de fundir e utilizada exclusivamente para a acuñación de moedas.
- A lenda gravada no canto da moeda de 2€ e a utilización dun metal único na composición das moedas de 10, 20 e 50 céntimos protéxenas contra a falsificación.


Que debo facer se sospeito que un billete é falso? Se algún dos seus billetes non supera a proba TOQUE, MIRE, VIRE, probablemente sexa falso e non debería aceptalo. Neste caso debe avisar inmediatamente á Policía ou ás autoridades nacionais pertinentes. Para asegurarse de que o billete é auténtico, pode levalo á oficina bancaria máis próxima. Todas as oficinas bancarias dispoñen de equipos especiais de tratamento de efectivo que permiten comprobar a autenticidade dos billetes en euros. Trate de lembrar onde, cando e de quen recibiu o billete. Esa información pode resultar moi valiosa para axudar a atopar aos falsificadores. Pagar cun billete se se sabe ou se sospeita que é falso é delito. Posto que os billetes falsos carecen de valor, teña coidado. Non recibirá ningunha compensación se acepta un billete falso.

VÍDEOCONFERENCIA CO IES XOAN MONTES DE LUGO

O pasado venres 6 de abril, conectamos por videoconferencia a clase de Economía de 1Bach. do IES As Barxas co alumnado de Economía do IES Xoan Montes de Lugo, a sua profesora Beatriz Lopez e Ana Folgar, Técnica de Adicae. 


Foi unha experiencia fantástica na que o noso alumnado compartiu os distintos proxectos realizados no centro sobre consumo crítico e responsable, sostenibilidade, solidariedade, emprendemento, ética social..e contestaron con soltura a todalas preguntas plantexadas polos asistentes. #orgullodocente



EJERCICIOS SOBRE EL EURO Y LAS DIVISAS

JUEGOS:

PASATIEMPOS:
CUESTIONARIOS
DEMOSTRACIONES:
PROBLEMAS MATEMÁTICOS: