Na materia de Educación Financeira de 1º ESO, pensamos que é importante traballar o espírito emprendedor, como unha actitude xeral na vida cotiá de calquera persoa, o que incluirá desenvolver calidades persoais como confianza, espírito crítico, iniciativa persoal, toma de decisións e asunción de responsabilidades que potencien as habilidades do alumnado para se enfrontar á vida.
Con fin de traballar nesta línea, o IES AS BARXAS participa no Programa Atrévete, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dirixido a fomentar, motivar, e sensibilizar ao alumnado de educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.
O programa inclúe:
- SAÍDA EDUCATIVA PARA 1º CURSO DA ESO, coa que se pretende dar a coñecer ao alumnado o tecido empresarial da contorna. Debido ao gran número de alumnos neste nivel, marcamos dúas datas: 12 xaneiro para 1º ESO A, B e 19 de xaneiro para 1º ESO C,
O programa que levamos a cabo no noso centro foi:
1) Obradoiro de emprendemento no Círculo de Empresarios de Galicia. Alí recibiunos Víctor Manel Montes invitounos a soñar e a formarnos o máximo posible para poder desenvolver as nosas propias ideas. O alumnado estivo moi participativo e resultou moi interesante. A saída agasalláronnos cunha mochila e un pendrive para ir acumulando as nosas experiencias.
2) Visita ao Porto de Vigo, infraestructura que escollemos pola súa gran importancia na economía da zona. Alí, acompañados por David e Jesús, funcionarios da Autoridade Portuaria percorremos cada unha das zonas nas que se divide o porto comercial.
Empezamos pola zona de Bouzas, onde cargan e descargan vehículos (principalmente coches) e calquera mercadoría que vaia rodando, polo que ten o nome de RO-RO. Quedamos sorprendidos da gran cantidade de vehículos que estaban agardando para embarcar, así como dos destinos e procedencias que tiñan, que poidemos apreciar dende o alto dun silo. Tamén vimos como os subían aos barcos e explicáronnos as distintas rutas martítimas regulares que hai dende Vigo (mais de 90), e a relevancia da autopista do mar(Vigo-Nantes/St Nazaire).
A continuación fumos a área de peiraos comerciais, comenzando polo Peirao do Arenal que dividíase en dúas alineacións; unha destinada a mercancía xeral e a outra a graneis (cemento, etc.) e con outras instalacións especiais como 1 almacén para sal, 1 depósito de suministro de combustible a buques e un Posto de Inspección Fronteriza (PIF). Logo pasamos ao Peirao Transversal onde se manipulaban bloques de granito, aluminio e madeira.
- CONCURSO "ATRÉVETE A TER UNHA IDEA", onde o alumnado deberá desenvolver unha idea emprendedora para mellorar a súa contorna. Prazo límite de presentación de traballos: 30 de maio. Premio: unha tablet para alumno gañador.