lunes, 19 de junio de 2017

ENTREGA DE PREMIOS AUTONÓMICOS CONSUMÓPOLIS12

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, entregou o pasado venres 16, os premios da fase autonómica do certame escolar de consumo responsable Consumópolis.

Nesta duodécima edición, baixo o lema Internet Fas un uso responsable?, participaron un total de 112 equipos de toda Galicia con 52 blogs sobre as vías de acceso a internet; os modos de uso das redes sociais; os tipos de produtos TIC consumidos; os seus potenciais riscos ou como realizar un consumo responsable destes produtos; compra segura e responsable a través de internet; dereitos e obrigas das persoas consumidoras; formas de pago seguro ou calquera outra cuestión relativa ao uso responsable de internet e das TIC
Na fase autonómica de Consumópolis, impulsada pola Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, establecéronse tres categorías por idades, concedéndose premios para os 3 mellores traballos en cada tramo de idade, dotados con 1.000 euros os primeiros premios, 600 euros os segundos e 300 euros os terceiros.
Premios para o IES AS BARXAS
No tocante á categoría de 1º e 2º curso de ESO, o terceiro premio foi para o equipo UNIRIS, de 1º ESOB: Ruth, Ana, Desirée, Antía e Mara.






No tocante á categoría de 3º e 4º curso de ESO, o segundo premio recaeu, de novo, nun equipo do I.E.S. As Barxas, chamado CONSUBRÓCCOLIS de 4º ESOB: Naiara, Antía, André e Sara.



Os primeiros clasificados de cada categoría representarán a Galicia na fase nacional de Consumópolis, organizada pola Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (AECOSAN). A nivel estatal presentáronse a esta segunda fase un total de 593 blogs de distintos centros educativos, e participaron no concurso un total de 8900 alumnos e alumnas de toda España.
PARABENS A TOD@S!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario