lunes, 30 de enero de 2017

PROGRAMA ATRÉVETE - IES AS BARXAS

O espírito emprendedor pódese entender nun sentido amplo, como unha actitude xeral que resulta útil tanto na vida cotiá de calquera persoa como nas actividades profesionais que desenvolve. Así, concíbese en dous sentidos:
  • Un concepto amplo de educación en actitudes e capacidades emprendedoras, que incluirá o desenvolvemento de calidades persoais como confianza, espírito crítico, iniciativa persoal, toma de decisións e a asunción de responsabilidades, que potencien as habilidades do alumnado para se enfrontar á vida.
  • Un concepto específico de formación, dirixido á elaboración e á execución dun proxecto emprendedor.
Con fin de traballar nesta línea, o alumnado de 1º ESO, dentro da materia de Educación Financeira, vai participar no Programa Atrévete que se desenvolve no marco do Plan eduemprende da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dirixido a fomentar, motivar, e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.
O programa inclúe:
- Xornada de fomento do emprendemento para 1º curso da ESO, coa que se pretende dar a coñecer ao alumnado o tecido industrial da contorna. Esta actividade faise en dúas tandas, xa que o número máximo é de 45 alumnos, así que terá lugar o venres 03 de febreiro (1º ESO C e a mitade de 1º ESO A) e o venres 10 de febreiro (1º ESO B e a outra mitade de 1º ESO A). O programa nos foi comunicado a pasada semán, consistindo en:
  • 9:00. Saída do IES AS BARXAS en autobús.
  • 10:00. Recepción no Círculo de Empresarios de Galicia. Explicación sobre o tecido industrial da contorna e charla-coloquio cun emprendedor.
  • 12:00. Visita as instalación de Rodman-Polyships en Meira.
  • 14:00. Volta ao IES AS BARXAS.

- Concurso "Atrévete a ter unha idea", onde o alumnado deberá desenvolver unha idea emprendedora. Prazo límite de presentación de traballos: 30 de maio de 2017.

martes, 20 de diciembre de 2016

TRABALLO PARA O NADAL

Na segunda avaliación, traballaremos a XESTIÓN DE GASTOS E INGRESOS, polo que precisamos a axuda das vosas familias en varias tarefas a realizar.


1.- Xestión de gastos e ingresos persoais

Anotar os gastos (compra de agasallos, entradas cine, etc.) e ingresos (agasallos da familia, etc) que teñades durante o Nadal. A volta traballaremos a importancia de planificar un orzamento e do aforro.


2.- Xestión de gastos e ingresos familiares

Imos intentar aportar algunha mellora ao gasto familiar mediante a reducción ou sustitución do gasto: buscando onde o venden máis barato ou cambiando a marcas similares que sexan máis baratas. 
Para iso deberedes:
a) Facer unha lista de 10 productos que se consuman de forma repetitiva na casa
b) Anotar o número de unidades, marca e frecuencia de compra de cada producto.
c) Comparar o prezo deses productos en varios supermercados/tendas da zona.
d) Anotar un sustitutivo para cada un deses productos co seu prezo.
e) Contabilizar os cartos totais que podedes aforrar coas vosas propostas.
f) Propoñer aos vosos pais/nais, que vos metan nunha caixa os cartos aforrados co fin de cubrir os gastos dunha excursión a final de curso.

TARXETA XENTE NOVA

A TARXETA XENTE NOVA é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar todas as viaxes interurbanas gratuítas.

Poden utilizala mozos de entre 4 e 18 anos.


Para conseguila:

1.-O teu pai ou nai deberá solicitar cita nesta páxina: http://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn

2.- Xerarase unha cita na oficina Abanca máis próxima. Non é necesaria unha conta asociada.

3.- Alí só che pedirán DNI do pai/nai, o teu DNI e o libro de familia. A tarxeta é gratuita.

4.- Hai que cargar a tarxeta antes de usala, a través do caixeiro pulsando abonos pendentes (as 50.000 primeiras serán entregadas cunha carga inicial de 20 euros.

5.- Cada 15 días deberemos pasar a tarxeta polo caixeiro e darlle a abonos pendentes. Os viaxes realizados entre o 1 e o 15 de decembro, devolveranse o 5 de xaneiro e os realizados entre o 16 e o 30 de decembro a partir do día 20 de xaneiro. 

Máis información:

CONCLUSIÓNS PRIMEIRA AVALIACIÓN

Na materia de Educación Financeira estivemos traballando, nesta primeira avaliación, O CONSUMO RESPONSABLE, orientado principalmente ao uso das TICs. Para iso utilizamos a plataforma nacional CONSUMÓPOLIS, onde o alumnado tivo que realizar un recorrido e pasar diversas probas nunha cidade virtual e xestionar un blog con entradas sobre uso das TICs, peligros de internet, comercio electrónico, xogos on line, etc....

As clasificacións da fase 1 son as seguintes:


Aqueles que ainda non rematárades os traballos individuais que temos que publicar nos blogs, deberedes facelo nas vacacións, xa que os equipos subirán todo en xaneiro.

BO NADAL!!