Páginas
- Página principal
- PRESENTACIÓN
- FINANZAS PARA TODOS
- MONEY TOWN
- CONSUMÓPOLIS
- FUTBOL FINANCIERO
- VENGADORES
- GUARDIANES GALAXIA
- AULAENRED.IBERCAJA
- INSTITUTO NACIONAL DE CIBERSEGURIDAD
- CHAVAL.ES
- PORTAL EDUCATIVO BDE
- CÓMIC ADICAE
- DICCIONARIO FINANCIERO ADICAE
- CONCURSO ESCOLAR ONCE
- MOAÑA3D
- (In)fórmate
- ED.FIN.BÁSICA
jueves, 11 de mayo de 2017
lunes, 8 de mayo de 2017
viernes, 28 de abril de 2017
jueves, 20 de abril de 2017
MARCAPÁXINAS POLA SOLIDARIEDADE II
A solidariedade faise realidade cando nos mobilizamos, así que daremos os 3 pasos da solidariedade:
COÑECER-COMUNICAR-ACTUAR
COÑECER
1.- Comenzamos aprendendo/debatendo que a auga é esencial para a vida, pero para millóns de persoas ter acceso a auga potable resulta un reto cada día máis difícil. Preto de 5 millóns de nenos e nenas están en risco de fame negra como consecuencia dunha das peores crises alimentarias en Etiopía provocada por unha seca que se produciu nas rexións que xeralmente son máis verdes e produtivas.
Para miles de nenos e nenas en países como Etiopía, Níxer, Burkina Faso a falta de acceso a auga potable e limpa ten graves consecuencias para a súa vida e para o seu futuro en saúde, alimentación e educación, por iso os grandes avances logrados na seguridade alimentaria, educación e saúde ao longo dos anos que a ONG Save the Children leva traballando neste país, están en perigo.

2.- Traballamos a empatía cos que non teñen acceso á auga. Poñerémonos en situación, debatendo como se nos complica a vida cando se produce un corte de auga e ao abrir a billa non temos toda a auga que necesitamos para beber, cociñar, asearnos, ir ao baño ou simplemente refrescarnos.
A maioría traemos ao instituto botellas de auga mineral de 0,5 l, que nos bebemos nun par de grolos. Pois esa é a cantidade de auga dispoñible para moitos nenos e nenas en países como Etiopía, pero non auga limpa, senón auga obtida de charcas, afloramientos de acuíferos, pozos e arroios que leva en suspensión gran cantidade de elementos.
Colleremos un vaso de auga da billa e botarémoslle terra e broza, para ver realmente como é a auga do que dispoñen moitos nenos e nenas en Etiopía. A continuación veremos como potabilizarla: coarémola cun pano para quitar a area en suspensión e a continuación incorporarémoslle unha pastilla potabilizadora e, en 20 minutos a auga estará en condicións de ser utilizada.
Compramos un paquete de 50 pastillas potabilizadoras por 4 euros, polo que calculamos que o custo de potabilizar un litro de auga é de 8 céntimos pero se o compramos por xunto, potabilizar un litro de auga sairíanos a 2 céntimos. É dicir, con cada euro podemos potabilizar 50 litros de auga.
COMUNICAR
A través da elaboración dos nosos marcapáginas solidarios, que os alumnos están convertendo en obxectos únicos.
Ademais estamos a preparar uns murais nos que cada neno e nena deixa a súa pegada xunto coa súa frase inspiradora reclamando o dereito á auga. A próxima semana expoñerémolos no hall do centro.
ACTUAR
Nos próximos días actuaremos como unha ONG sensibilizando á nosa contorna e recadando fondos (entre 0,50€ e 1€ por marcapáxinas) para que, xunto a Save the Children, sigan desenvolvéndose programas que aseguren que todos os nenos e nenas teñan esperanzas e oportunidades.
Unha vez terminada a actividade do Día do Libro Solidario, faremos a conversión do diñeiro recadado en litros de auga potable conseguidos para asegurar a supervivencia dos nenos e nenas en países como Etiopía.
Este exercicio axudará a entender dunha maneira concreta en que se traduce o seu esforzo e o seu entusiasmo, e como a procura de patrocinadores ou lectores solidarios multiplica a súa capacidade para reunir fondos.
viernes, 31 de marzo de 2017
VIDEOCONFERENCIA CO IES PEDREGAL DE IRIMIA (MEIRA-LUGO)
Onte, a terceira hora da mañá, levamos a cabo unha videoconferencia entre o IES AS BARXAS (Moaña-Pontevedra)) - IES PEDREGAL DE IRIMIA (Meira-Lugo), organizado polos departamentos de economía de ambos centros, e coa presencia de un membro de Adicae (Ana).
Por parte do IES PEDREGAL DE IRIMIA, participaron o alumnado de Educación Financeira de 2º ESO, Economía de 4º ESO e IAEE de 4º ESO, co seu profe Eloi Sobradelo. No IES AS BARXAS, debido a imposibilidade de mobilizar a todo o alumnado por ser un número moi elevado, tivemos a un grupo de alumnos que fixeron de portavoces de cada nivel: Lucía Parcero e María Parente de Economía 1º bach., Antía Fervenza, Sara del Río, Jenny Alvarez, Aixa Chapela e Andrea Currás de Economía 4º ESO, e Iker Casás, Ana Pena, Ruth Casal e Sergio Otero de Educación Financeira 1º ESO.
Unha fantástica experiencia colaborativa na que compartimos os nosos proxectos de consumo crítico e responsable, sostenibilidade, solidariedade, emprendemento, ética social.... Como profe é un gran orgullo ter este alumnado
😍
😍
😍#debaterparaaprender #economiasolidaria
viernes, 24 de marzo de 2017
MARCAPÁXINAS POLA SOLIDARIEDADE
MARCAPÁXINAS POLA SOLIDARIEDADE é unha proposta educativa que lles achega aos escolares a situación de vulnerabilidade dos cativos e cativas en países empobrecidos do continente africano co obxectivo de acadar fondos para os proxectos de supervivencia infantil que Save the Children realiza e coñecer os dereitos da infancia a través de diversas propostas didácticas.
Nesta edición pretende amosar a importancia de ter acceso a auga limpa para a supervivencia infantil, a vulnerabilidade que provoca a falta deste recurso e que podemos aportar para atallar as consecuencias desta situación.
Ter acceso á auga é un Dereito Humano fundamental que millóns de persoas non teñen garantido, unha crúa realidade sobre a que traballaremos, no IES AS BARXAS, co alumnado de 1º ESO, dentro da materia de Educación Financeira, facendo fincapé en valores como a solidariedade, a cooperación, o respecto e a responsabilidade
Proposta didáctica: Fomento da lectura + educación en valores
Propoñemos dar a coñecer o poema "Camiñante non hai camiño", de Antonio Machado para reflexionar sobre as pegadas que deixan as cousas, os sentimentos e as accións humanas e finalizar coa creación de poesías e marcapáxinas que reflictan emocións humanas polo dereito ao acceso a auga por parte de todas as persoas.
A actividade englóbase dentro da conmemoración do DÍA DO LIBRO 2017 "Dereito á auga: unha pegada imprescindíbel".
Xa comenzamos a preparar os nosos marcapáxinas xunto cuns murais nos que deixaremos as nosas pegadas
Xa comenzamos a preparar os nosos marcapáxinas xunto cuns murais nos que deixaremos as nosas pegadas
CONSUMO RESPONSABLE: FROITA
Estes son algúns dos traballos realizados polos alumnos de Educación Financeira de 1º ESO A, para animar aos seus compañeiros a comer froita. Englóbase dentro da unidade de CONSUMO RESPONSABLE: SOBERANÍA ALIMENTARIA, traballada na materia, coincidiento coa Semana da Froita do IES AS BARXAS.
A soberanía alimentaria é o dereito dos pobos a alimentos nutritivos e culturalmente adecuados, accesibles, producidos de forma sustentable e ecolóxica, e o seu dereito para decidir o seu propio sistema alimentario e produtivo.
Comer de maneira sa e consciente implica preguntarse de onde vén o que consumimos, como se elaborou, en que condicións, porque pagamos un determinado prezo. Significa tomar o control sobre os nosos hábitos alimentarios e non delegar. Ou noutras palabras, significa ser soberanos, poder decidir, en canto á nosa alimentación. Esta é a esencia da soberanía alimentaria.
A soberanía alimentaria é o dereito dos pobos a alimentos nutritivos e culturalmente adecuados, accesibles, producidos de forma sustentable e ecolóxica, e o seu dereito para decidir o seu propio sistema alimentario e produtivo.
Comer de maneira sa e consciente implica preguntarse de onde vén o que consumimos, como se elaborou, en que condicións, porque pagamos un determinado prezo. Significa tomar o control sobre os nosos hábitos alimentarios e non delegar. Ou noutras palabras, significa ser soberanos, poder decidir, en canto á nosa alimentación. Esta é a esencia da soberanía alimentaria.
Manuel Alves
Cristopher P. Corbacho
Samuel Seijas
Milagros Hurtado
Antía Táboas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















