viernes, 15 de marzo de 2019

VIDEOCONFERENCIA DA EGC: "CONSUMO DIXITAL E COMERCIO ELECTRÓNICO"

Onte, xoves 14 de marzo de 2019, ás 12:00 tivo lugar na Biblioteca do IES AS BARXAS, a videoconferencia organizada pola Escola Galega de Consumo: "CONSUMO DIXITAL E COMERCIO ELECTRÓNICO", na que participou o alumnado de Economía e de Iniciación a Actividade Emprendedora e Empresarial de 4º ESO e o alumnado de Fundamentos de Administración e Xestión de 2º bacharelato, do noso centro, xunto con outros 10 centros galegos.



A charla tivo por obxecto o consumo responsable das tecnoloxías e o acceso á rede, reflexionando sobre a cantidade de tempo que se lle dedica e analizando as vantaxes e os potenciais riscos no uso de internet.

Englóbase dentro dos actos do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, que celebrouse por primeira vez en 1983 e converteuse nunha ocasión anual importante para mobilizar a acción cidadá a solidariedade na promoción dos dereitos fundamentais de todos os consumidores, esixindo que se respecten e protexan os dereitos e protestar polos abusos do mercado e as inxustizas sociais que os socavan.