jueves, 20 de abril de 2017

MARCAPÁXINAS POLA SOLIDARIEDADE II

A solidariedade faise realidade cando nos mobilizamos, así que daremos os 3 pasos da solidariedade: 

COÑECER-COMUNICAR-ACTUAR

COÑECER

1.- Comenzamos aprendendo/debatendo que a auga é esencial para a vida, pero para millóns de persoas ter acceso a auga potable resulta un reto cada día máis difícil. Preto de 5 millóns de nenos e nenas están en risco de fame negra como consecuencia dunha das peores crises alimentarias en Etiopía provocada por unha seca que se produciu nas rexións que xeralmente son máis verdes e produtivas.
Para miles de nenos e nenas en países como Etiopía, Níxer, Burkina Faso a falta de acceso a auga potable e limpa ten graves consecuencias para a súa vida e para o seu futuro en saúde, alimentación e educación, por iso os grandes avances logrados na seguridade alimentaria, educación e saúde ao longo dos anos que a ONG Save the Children leva traballando neste país, están en perigo.


2.- Traballamos a empatía cos que non teñen acceso á auga. Poñerémonos en situación, debatendo como se nos complica a vida cando se produce un corte de auga e ao abrir a billa non temos toda a auga que necesitamos para beber, cociñar, asearnos, ir ao baño ou simplemente refrescarnos. 
A maioría traemos ao instituto botellas de auga mineral de 0,5 l, que nos bebemos nun par de grolos. Pois esa é a cantidade de auga dispoñible para moitos nenos e nenas en países como Etiopía, pero non auga limpa, senón auga obtida de charcas, afloramientos de acuíferos, pozos e arroios que leva en suspensión gran cantidade de elementos.
Colleremos un vaso de auga da billa e botarémoslle terra e broza, para ver realmente como é a auga do que dispoñen moitos nenos e nenas en Etiopía. A continuación veremos como potabilizarla: coarémola cun pano para quitar a area en suspensión e a continuación incorporarémoslle unha pastilla potabilizadora e, en 20 minutos a auga estará en condicións de ser utilizada.
Compramos un paquete de 50 pastillas potabilizadoras por 4 euros, polo que calculamos que o custo de potabilizar un litro de auga é de 8 céntimos pero se o compramos por xunto, potabilizar un litro de auga sairíanos a 2 céntimos. É dicir, con cada euro podemos potabilizar 50 litros de auga.

COMUNICAR

A través da elaboración dos nosos marcapáginas solidarios, que os alumnos están convertendo en obxectos únicos. 





Ademais estamos a preparar uns murais nos que cada neno e nena deixa a súa pegada xunto coa súa frase inspiradora reclamando o dereito á auga. A próxima semana expoñerémolos no hall do centro.



ACTUAR

Nos próximos días actuaremos como unha ONG sensibilizando á nosa contorna e recadando fondos (entre 0,50€ e 1€ por marcapáxinas) para que, xunto a Save the Children, sigan desenvolvéndose programas que aseguren que todos os nenos e nenas teñan esperanzas e oportunidades.

Unha vez terminada a actividade do Día do Libro Solidario, faremos a conversión do diñeiro recadado en litros de auga potable conseguidos para asegurar a supervivencia dos nenos e nenas en países como Etiopía.

Este exercicio axudará a entender dunha maneira concreta en que se traduce o seu esforzo e o seu entusiasmo, e como a procura de patrocinadores ou lectores solidarios multiplica a súa capacidade para reunir fondos.