lunes, 30 de enero de 2017

PROGRAMA ATRÉVETE - IES AS BARXAS

O espírito emprendedor pódese entender nun sentido amplo, como unha actitude xeral que resulta útil tanto na vida cotiá de calquera persoa como nas actividades profesionais que desenvolve. Así, concíbese en dous sentidos:
  • Un concepto amplo de educación en actitudes e capacidades emprendedoras, que incluirá o desenvolvemento de calidades persoais como confianza, espírito crítico, iniciativa persoal, toma de decisións e a asunción de responsabilidades, que potencien as habilidades do alumnado para se enfrontar á vida.
  • Un concepto específico de formación, dirixido á elaboración e á execución dun proxecto emprendedor.
Con fin de traballar nesta línea, o alumnado de 1º ESO, dentro da materia de Educación Financeira, vai participar no Programa Atrévete que se desenvolve no marco do Plan eduemprende da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dirixido a fomentar, motivar, e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.
O programa inclúe:
- Xornada de fomento do emprendemento para 1º curso da ESO, coa que se pretende dar a coñecer ao alumnado o tecido industrial da contorna. Esta actividade faise en dúas tandas, xa que o número máximo é de 45 alumnos, así que terá lugar o venres 03 de febreiro (1º ESO C e a mitade de 1º ESO A) e o venres 10 de febreiro (1º ESO B e a outra mitade de 1º ESO A). O programa nos foi comunicado a pasada semán, consistindo en:
  • 9:00. Saída do IES AS BARXAS en autobús.
  • 10:00. Recepción no Círculo de Empresarios de Galicia. Explicación sobre o tecido industrial da contorna e charla-coloquio cun emprendedor.
  • 12:00. Visita as instalación de Rodman-Polyships en Meira.
  • 14:00. Volta ao IES AS BARXAS.

- Concurso "Atrévete a ter unha idea", onde o alumnado deberá desenvolver unha idea emprendedora. Prazo límite de presentación de traballos: 30 de maio de 2017.